O Concello consegue 60.000 euros para a mellora do Mercado de Tomiño
Alcaldesa e delegado da Xunta visitaron as instalacións, nas que se mellorará a eficiencia enerxética, pintarase os interiores e renovarase a zona de peixería
Infogauda / Tomiño
O Concello continúa dando pasos cara a modernización das súas prazas de abastos conseguindo - como xa informamos neste xornal dixital transfronteirizo o pasado día 8 deste mes - unha nova subvención de 60.000 euros para a súa mellora.
A alcaldesa, Sandra González, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitaron as instalacións do Mercado de Tomiño, nas que se levarán a cabo labores de mantemento e nas que se adaptará a iluminación para mellorar a eficiencia enerxética do espazo. Ademais, procederase a renovar a zona de peixería e pintaranse os interiores do edificio.
O Concello achegará 6.000 euros de fondos propios para completar esta renovación, na que tamén se incluirán melloras no Mercado de Goián. Sandra González destacou a importancia de “investir na renovación paulatina das nosas prazas de abastos para seguir sendo lugares de referencia mantendo o seu esplendor e calidade, algo para o que o mantemento é fundamental”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario