13 de set. de 2023

GONDOMAR

III CONCURSO FOTOGRÁFICO IEM

Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño




IEM / Gondomar

 Dende o IEM presentámosvos o "III CONCURSO FOTOGRÁFICO IEM. Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño".  

 Poderán concorrer a este concurso as persoas afeccionadas á fotografía, maiores de idade, sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo.  Establécese unha categoría avaliada polo xurado e outra  avaliada na rede social facebook polo público que o desexe.  

 As fotografías presentaranse en formato dixital en tamaño 30×45 cms (300 píxeles por polgada). Non se admiten fotografías de menos de 6 mp.IMPRESINDIBLE QUE O ARQUIVO ENVIADO SEXA  EN ALTA RESOLUCIÓN  

Premios e exposición  

Premio Xurado: 250 € + revelado en 40×60 + publicación na REM.  

Premio Público: 150 € + revelado en 40×60 + publicación na REM.  

2 accésit Xurado: Revelado 30×45 + publicación na REM.  

2 accésit Público: Revelado 30×45 + publicación na REM.  

14 Finalistas: Publicaranse as súas fotografías na exposición  e na revista REM.     

 Prazo para presentación de fotografías: 18 de setembro ó 17 de novembro.     

 Consulta as bases e máis información clicando AQUÍ  ou en www.iem.gal 

Ningún comentario:

Publicar un comentario