15 de set. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS AFRONTA A  RESTAURACIÓN DA SIMBOLOXÍA CASTREXA NO PUNTAL  

 

As imaxes reflicten o antes e o agora, logo da restauración e novo pintado realizado recentemente por Xosé Cabaleiro
Fotos: X.C.


Infogauda / Camposancos

 A Entidade Local Menor patrocina a obra de restauración e pintado coa aportación de pinturas e materiais necesarios, novamente empregando pintura totalmente inocua e ecolóxica para protexer a integridade das árbores, facendo coidado no trato respectuoso do seu entorno.     

 A obra realizada polo artista multidisciplinar Xosé Cabaleiro Santos, redondelán e veciño - desde fai varios anos - de A Guarda, foi acometida por este de  xeito  altruísta. 


    

 

 Esta é unha obra única na Galiza onde só participou a Entidade Local Menor camposina, sen aportacións  doutras administracións como a Xunta de Galicia, a Deputación ou o mesmo Concello de A Guarda.    

 Segundo refire o artista, “debería existir máis implicación por parte destas institucións para conservar a obra no tempo. 

 Esta obra, cando menos debería ter como referencia a obra pictórica do Monte de Oma, no País Vasco, no municipio vizcaíno de Kortezubi, onde Deputación e Goberno vasco fanse cargo do seu regular mantemento”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario