12 de set. de 2023

A GUARDA

A Guarda retoma os “Encontros en Familia”

O martes 19 de setembro de 19:30 a 21:00h na Casa dos Alonso

  



Infogauda / A Guarda

 O Servizo de educación e apopio familiar (SEAF), do Concello de A Guarda vén de facer público que o próximo martes 19 de setembro retomarase os  Encontros en familia, coa segunda sesión “Se estamos ben, eles estarán ben”. 

 Nesta ocasión trataremos a importancia da relación que hai entre os proxenitores e cal é a súa influencia sobre as/os fillas/os. Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores 

 O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.    

 Na súa organización tívose en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda. 

 En total son 7 encontros, o primeiro deles tivo lugar no mes de xuño e xunto coa presentación do ciclo abordáronse temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar. A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar; e Beatriz Julia Arroyo Moreno, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga.   

PROGRAMA 

OUTUBRO        

10.10.23 

 • “As condutas autolesivas”. 

Falaremos sobre prevención e intervención, abordando as condutas que supoñan un risco para a integridade da persoa entre elas o suicidio.    

24.10.23 

 • “O bo uso da tecnoloxía”. 

Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que elas non che controlen a ti.   

NOVEMBRO 

07.11.23 

 • “Ruptura de parella”. 

Moitas perdas e algunhas ganancias.  

21.11.23  

 • “O acoso escolar”. 

Detección, prevención e intervención familiar.      

DECEMBRO 

12.12.23

 • “A afectación do duelo ás relaciones familiares”. 

Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo.  

 Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30 a 21:00h. 

 A entrada é libre ata completar aforo. 

 Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 SEAF e 986 614 507 Servizos sociais. 

Enderezo electrónico: educadora@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario