1M2 POLAS PRAIAS E OS MARES
A Guarda participa no proxecto Libera de limpeza de praias
O domingo 17 de setembro, ás 11:00 horas, no Puntal (Camposancos)
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da concellería de Medio Ambiente, participa un ano máis no proxecto “Libera, unidos contra la basuraleza”, que consistirá nunha limpeza de praias na zona da desembocadura do río Miño, un proxecto no que tamén colaboran SEO BirdLife e Ecoembes.
O punto de encontro asignado será o parque do Puntal, en Camposancos, onde se repartirá o material preciso (luvas, bolsas…) para realizar a limpeza e realizaráse unha pequena charla explicando como será a actividade, que se desenrolará dende O Puntal ata a zona do Codesal, pasando polas praias do Forte, A Lamiña, A Armona e O Codesal.
A duración aproximada da actividade é de 2 horas, abrindo a participación a todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario