18 de set. de 2023

A GÁNDARA

ATLETISMO

140 ATLETAS PARTICIPARON NA CARREIRA PEDESTRE POPULAR JULIA VAQUERO 

 Organizada pola Asociación de Veciños e Propietarios O Percamino - Comisión de Festas das Mercedes


Momento da entrega de premios  aos atletas da categoría D masculina: Christian Sierpes Pereira - no centro do poio -, Alejandro Santos Adrover  e  Nicolás Ferreira González  

Fotos: Cedidas

Podio da categoría G feminina: Julia Vaquero Sousa - no centro do podio -, Kinga Maculewicz e Begoña Domínguez Cerqueira

A atleta Julia Vaquero con Pablo Álvarez



Infogauda / Deportes

 Cunha participación de 140 atletas, o sábado día 16 de setembro, celebrouse no barrio da Gándara (Salcidos), a XXI edición da Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, organizada pola Asociación de Veciños e Propietarios O Percamino - Comisión de Festas das Mercedes.

 O evento deportivo, que foi presenciado por unhas 400 persoas de A Guarda e súa contorna, que animaron en todo momento, as/os participantes, contou coas seguintes categorias (feminina e masculina): A, nados/as en 2019 e posteriores; B, nados/as entre 2015 a 2018; C, nados/as entre 2011 e 2014; D, nados/as entre 2007 e 2010; E, nados/as entre 1996 e 2006; F, nados/as entre 1982 e 1995; G, nados/as entre 1967 e 1981; H, nados/as en 1966 a anteriores.

Clasificacións 

Categoría A feminina: 

1ª Adara Gómez San Román; 2ª Carlota Acevedo Baz; 3ª Mía González Domínguez.  

Categoría A masculina:

1º Aday Lorenzo Alfonso; 2º Gabriel Lago Fernandes; 3º Anxo Rodríguez Pereira.  

Categría B feminina:  

1ª Julia Martínez Ozores; 2ª Adela Vasconcellos;  3ª Gabriela López Cadilla.  

Categoría B masculina:  

1º Martin Lomba Álvarez; 2º Joel Lorenzo Alfonso; 3º Yeray Martínez Pousadela.

Categoría C feminina:  

1ª Daniela Asensio Lorenzo; 2ª Alba Vasconcellos Rodríguez; 3ª Nadia Conejo Bascoy.

Categoría C masculina:

1º Marco Delafuente Maculewicz; 2º Aitor Gil Cuevas; 3º Xoel Pérez Montero.  

Ganadores categoría D feminina:

1ª Paula Rocha Bautista; 2ª Carla Rocha Bautista.

Categoría D masculina: 

1º Christian Sierpes Pereira; 2º Alejandro Santos Adrover; 3º Nicolás Ferreira González.

Categoría E feminino:

1ª Antía Rodríguez Otero; 2ª Tania Dorado Acevedo; 3ª Claudia Dorado Acevedo.

Na categoría E masculina non houbo participantes. 

Categoría F feminino:  

1ª Yolanda Martínez Adrover.  

Categoría F masculina:  

1º Ismael Lago Monroy: 2º Josué Moreno Lira; 3º Antolín Martínez Martínez  

Categoría G feminina:  

1ª Julia Vaquero Sousa: 2ª Kinga Maculewicz; 3ª Begoña Domínguez Cerqueira. 

Categoría G masculina:

1º José Carlos Ferreira González; 2º José Antonio Burgos Rey; 3º Gonzalo Brandon.

Na categoría H feminina non houbo participantes.  

Categoría H masculino:

1º Venancio Paramos Pérez; 2º Fernando Martínez Giráldez. 

 A Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero contou coa colaboración do Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra, Policía Local, e supermercados  Froiz. 

 No acto de entrega de premios - que contou coa participación do alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; do concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; e do concelleiro de Infraestructuras, Vías e Obras, Servizo Cidadán e Personal, Isidro Lomba Lorenzo; a organización adicoulle unha homenaxe a Pablo Álvarez, entregándolle un trofeo de 1º clasificado, coa silueta da atleta Julia Vaquero Sousa.

 A organización entregou trofeos aos primeiros clasificados, e medallas para os segundos e terceiros, de cada categoría. 

 Asemade, todos os atletas recibiron súas correspondentes bolsas conmemorativas, que para os máis novos incluía botellos de auga, agasallos e lambonadas. E para os adultos auga e froita.

 Dese xeito, un ano máis, a XXI Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, foi un magnífico xeito de homenaxear a nosa atleta de maior palmarés en toda a historia do atletismo na nosa vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario