9 de ago. de 2023

SALCIDOS (A GUARDA)

Salcidos expón as xoias fotográficas da parroquia 

No salón parroquial, os días 10, 18, 19 e 20 de agosto,  en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas


Vista duns dos paneis da exposición 

Antonio Fontenla Martínez / Salcidos

 Fai xa máis de 10 anos que comezou Salcidos en Blanco e Negro, un grupo da coñecida rede social Facebook que buscaba recuperar as imaxes da parroquia. Hoxe converteuse nun proxecto maduro, cunha participación moi alta dos veciños, e conta xa ás súas costas con 6 exposicións previas e dúas publicacións que fixeron as delicias de mozas e maiores. 

 Neste decimo aniversario queren conmemoralo cunha exposición un tanto especial coincidindo co patrón da parroquia, san Lorenzo e o santo da súa festa grande san Roque. Así a exposición estará aberta no salón parroquial os días 10 (san Lourenzo) e a fin de semana na que se celebra san Roque (18, 19 e 20). Un total de 4 días nos que en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas, os veciños e visitantes poderán gozar dunha importante exposición de fotos antigas recompiladas durante os últimos 10 anos. En total serán máis de 600 fotografías en gran formato, entre as que destacan un importante número delas coloradas mediante intelixencia artificial e que tiveron gran éxito entre os case 2.000 integrantes do grupo.  




 Os organizadores queren agradecer a axuda prestada por todos os veciños; polo párroco don Avelino, que cedeu o local parroquial para a mesma, ao Concello de A Guarda por colaborar connosco e á Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, por colaborar connosco e cedernos os elementos de exposición. 

 É un gran esforzo o deste ano que esperamos sexa ben acollido polo público e gocemos todos deste humilde proxecto de recuperación cultural da nosa parroquia que cumpre agora 10 anos. 

 Esperamos vervos a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario