12 de xul. de 2023

TUI

Chuny Vázquez presenta unha retrospectiva da súa obra pictórica en Tui

Até o 28 deste mes expón 73 cadros na Sala Municipal, no edificio Francisco Sánchez


A pintora e poeta Chuny Vázquez expón Un canto á cor e á vida” na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui

Foto: C.T.

Infogauda/ Tui

 A Sala Municipal de Exposicións do Concello de  Tui, no edificio Francisco Sánchez - rúa Colón, 2 -, acolle até o venres día 28 deste mes a exposición “Un canto á cor e á vida” da guardesa Chuny Vázquez.  

 A mostra está conformada por 73 cadros de distintas etapas pictóricas da artista e agrupados por temática: personaxes, barcos, flores… A colección que presenta está dominada pola cor, pero tamén recolle algunha das súas obras realizadas en rotulador negro.  

 A exposición que agora se amosa en Tui presentouse o ano pasado na Casa dos Alonso, da Guarda, e supuxo o regreso á actividade expositiva de Chuny Vázquez tras catorce anos de ausencia.  

 A mostra foi inaugurada o pasado venres contando coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, de membros da corporación municipal, da propia artista, do xornalista Ricardo Rodríguez, e da cantautora guardesa Mª José Baz, xunto a numeroso público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario