24 de xul. de 2023

TOMIÑO

Aberto o prazo de inscrición o curso de tenis do Plan Corresponsais do Concello de Tomiño  

Esta actividade está dirixida á rapazada menor de 16 anos 

O prazo de inscrición pecha o mércores 26 de xullo   


Monitor e participantes nun curso precedente de tenis
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño abre o prazo de inscrición para participar no Curso de Iniciación ao Tenis, que se desenvolverá ao longo do mes de agosto. Esta actividade está dirixida á poboación infantil e adolescente menor de 16 anos. 

 O Curso de Tenis realizarase os martes, mércores e sábados e conta con tres quendas: de 10 a 11h, de 11 a 12h e de 12 a 13h. Levarase a cabo nas pistas de tenis municipais no Mosteiro e será impartido por unha persoal profesional.  

 As inscricións faranse a través dun formulario que pon a disposición a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), de Tomiño.   

 As inscricións deberán ser realizadas polo pai, nai ou titor de cada participante. Unha vez pechado o prazo de inscrición, comunicaráselle a cada participante o programa e a duración por correo electrónico.  

 Para máis información:  https://tomino.gal/omix/  

Ningún comentario:

Publicar un comentario