5 de xul. de 2023

OIA

"I Simposio Serra da Groba e Argallo”, este sábado na Casa Forestal de Oia  




Patricia Muñoz Raña / Oia

 A plataforma Turonio organiza o "I Simposio Serra da Groba e Argallo-Patrimonio natural, etnográfico e cultural", o cal se desenvolverá na Casa Forestal de Santa María de Oia na tarde do vindeiro sábado 8 de xullo.  

 Diferentes relatores dende o mundo académico, o da investigación ou o activismo ambiental e cultural exporán, en diversas intervencións, os principais valores naturais e culturais que agochan os nosos montes. Ao remate realizarase unha mesa redonda na que as persoas encargadas dos relatorios abordarán diferentes cuestións.  

 Este evento é o primeiro paso dun proceso que ten como obxectivo a declaración da Serra da Groba e Argallo como Espazo Natural Protexido.  

 A xornada comezará as 18:00h na Casa Forestal de Santa María de Oia, (coordenadas: 41.999232, -8.855919). A entrada é de balde.  

DETALLE DO PROGRAMA:  

-“Un patrimonio natural a conservar: matogueiras e turbeiras da Serra da Groba”. 

César A. Blanco Arias. Técnico de investigación do proxecto RURALtXA! Universidade de Santiago de Compostela.  

-“Os cabalos salvaxes da Serra da Groba: Un patrimonio natural, etnográfico e cultural”.  

Laura Lagos Abarzuza. Investigadora asociada do proxecto RURALtXA! Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, Universidade da Coruña.  

-“Biodiversidade ameazada da Serra da Groba”. 

Manuel A. Pombal Diego. Profesor da Universidade de Vigo e membro de ANABAM.  

-“Serra da Groba. Arqueoloxía, etnografía e patrimonio vivo”. 

Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso. Membros do Instituto de Estudos Miñoráns e SOS Groba.  

-“A Serra da Groba como clave para a sostibilidade do territorio. Unha proposta para un espazo protexido”. 

Juan Hermida. Director do Instituto de Estudos Miñoráns. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario