21 de xul. de 2023

O ROSAL

O Rosal continúa coas visitas guiadas de balde aos muíños este verán  

O Museo do Cabaqueiro tamén estará aberto ao público para visita libre previa solicitude os xoves de xullo e agosto  

Inscricións e solicitudes en visitasguiadas@orosal.gal ou nos teléfonos 682 19 48 72 ou 986 62 50 00  


O Concello ten en marcha visitas guiadas aos muíños do Folón e do Picón
Foto: Infogauda

Infogauda / O Rosal

 O Rosal continúa achegando a súa contorna natural, o seu patrimonio cultural e etnográfico e a súa historia a veciñanza e visitantes. O Concello ten en marcha visitas guiadas aos muíños do Folón e do Picón, rutas de balde e abertas a todos os públicos que se celebrarán todos os xoves dos meses de xullo e agosto.  

 Estas visitas guiadas terán horario de tarde, saíndo ás 19.00 horas da área de recepción dos muíños. Dende o Concello recoméndase a todas as persoas participantes que acudan con auga e calzado cómodo e apropiado. 

 Por outra parte, o Museo do Cabaqueiro tamén estará aberto ao público para visitas libres previa solicitude todos os xoves dos meses de xullo e agosto. As persoas interesadas poderán achegarse a este museo situado na planta baixa da Cámara Agraria, na rúa Ramón Franco, 2, de 11.00 a 13.00 horas. 

 As persoas interesadas en participar tanto nas visitas guiadas aos muíños como en coñecer con visita libre o Museo do Cabaqueiro deberán enviar un correo electrónico a visitasguiadas@orosal.gal ou chamar aos teléfonos 986 62 50 00 ou 682 19 48 72. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario