24 de xul. de 2023

DEPORTES

PIRAGÜISMO

6 MEDALLAS PARA OS “TEIXUGOS” 

Na 5ª Copa Galega de Promoción de Slalom


Deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos 

Informa:  Rosa Fernández Carrera

 Nova cita dos máis pequenos co slálom. Nesta ocasión nas augas do río Cabe, en pleno núcleo urbano de Monforte de Lemos, onde se celebrou a quinta competición da Liga Galega de Promoción de Slálom.  

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con once deportistas que o deron todo para superarse a si mesmos.  


En K1 alevín muller, o podio foi totalmente “teixugo”

 En K1 alevín muller, o podio foi totalmente “teixugo”. Leila Álvarez acadou o ouro, a prata foi para Nerea Álvarez e o bronce para Rita Olveira. Nerea Álvarez, ademais, acadou un ouro ao participar na modalidade de canoa. 

 En K1 infantil muller, Francia Piñeiro estreouse na competición, acadando o oitavo lugar.  

 En K1 infantil home, Iván Cruz foi sétimo e Brais Cambra noveno.  

 En K1 alevín home, Alejandro Barreiro foi cuarto, a décimas de segundo de subir ao podio, e Leo Álvarez décimo segundo.  


En K1 home benxamín, Roque Olveira e Nicolás Piñeiro, no podio coas súas medallas de prata e bronce, respectivamente

 En K1 home benxamín, Roque Olveira foi segundo, acadando, por tanto, a prata;  Nicolás Piñeiro tamén subiu ao podio co terceiro mellor tempo e Martín Vicente foi cuarto.  

 Moi bos resultados para os pequenos “teixugos” con seis medallas e un día de diversión, no que ademais de practicar deporte e superarse a si mesmo, coñeceron Monforte e reforzaron lazos e amizades con nenas e nenos de toda Galicia. 


Podio da clasificación final por equipos
 

 Na clasificación final por equipos o Deportivo Miño rematou terceiro, por detrás do Tea de Mondariz e do equipo local, o Montaña-Quixós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario