O concello de A Guarda vai realizar unha recepción oficial ao atleta Álex Sierpes Pereira
• Será o xoves día 6 de xullo ás 19:30h na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O concello de A Guarda, a través da concellería de Deportes, organiza este xoves día 6 de xullo ás 19:30h unha recepción oficial ao atleta local Álex Sierpes Pereira, integrante da Sociedade Atlética do Trega e actual campión de España nos 1.500 metros obstáculos en pista ao aire llibre na categoría Sub-16.
A traxectoria deportiva de Álex Sierpes é digna deste recoñecemento, polo seu esforzo, traballo e sacrificio ao longo destes anos, no cal tivo unha evolución imparable no mundo do atletismo.
O concello de A Guarda convida a toda a cidadanía a participar nesta recepción, a un deportista que leva o nome da Guarda alí onde compite, e que estará acompañado dos seus familiares, compañeiros e compañeiras do seu clube, autoridades locais e demais convidados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario