2 de xul. de 2023

A GUARDA

Milleiros de comensais degustaron na Guarda os manxares do mar 

A Guarda despediu a XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira con preto de 1.000 racións servidas ao longo da fin de semana. 

A festa, de interese turístico de Galicia, contou coa participación de 4 restaurantes que ofertaron máis dunha trintena de pratos da cociña mariñeira.  


Aspectos que presentaba a carpa da XXXi Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira
Fotos: Cedidas


 Infogauda / A Guarda

 A Guarda despediu este domingo a gran cita gastronómica da comarca, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cumpriu este ano a súa 31ª edición e na que se serviron preto dun milleiro de racións de langosta.  

 Nesta edición contouse coa participación dos restaurantes O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e da adega Gran Novás, cunha oferta gastronómica con produtos coma os percebes, nécoras, calamares, chipiróns, chocos, croquetas, ensaladillas, gambas, langostinos, paellas, mexillóns, berberechos, cigalas, polbo, vieiras, zamburiñas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideos, pementos tipo Padrón, entre outros. Destacaron tamén nesta XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira as sobremesas, coas tortas de mirabeis ou de améndoas, as cañitas de crema, as filloas recheas e o postre típico guardés, a rosca de xema de A Guarda.  


As lagostas, protagonistas do evento gastronómico
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero con Ana María Pastor Julián e Luisa Piñeiro Arcos


 Milleiros de persoas achegaronse ao longo desta fin de semana ata o Porto da Guarda para degustar os produtos da gastronomía guardesa, sendo o prato estrela a Langosta, con máis de 700 quilos vendidos deste crustáceo.  

 Esta edición tamén contou coa xa tradicional Feira de artesanía, que con preto dunha vintena de postos, que amosaron artigos artesanais coma bixutería, bordados, coiro, elementos decorativos, entre outros.  

 A XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, despídese cun bo sabor de boca. A afluencia de comensais foi constante ao longo da fin de semana e a experiencia foi moi positiva para pór en valor A Guarda coma destino gastronómico de excelencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario