13 de xul. de 2023

A GUARDA

A Guarda continúa coa programación de actividades do mes de xullo  

Concertos, exposicións, festas, festivais, gastronomía, visitas guiadas,..., para gozar da Guarda este verán.  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa coa Axenda de actividades programadas para o mes de xullo, entre as que destacan as festas, concertos, festivais, eventos de gastronomía, exposicións, visitas guiadas e moito máis para gozar da Guarda este verán.  




 Do 15 ao 16 de xullo terán lugar no porto as festas da Virxe do Carme. 

 O sábado 15 de xullo haberá pasacalles a cargo do Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade de A Guarda e pola noite gran verbena co grupo La Patrulla e a orquestra Travesía. 

 Na xornada do domingo 16 de xullo ás 11:30h realizarase a saída dende a igrexa parroquial ata o porto, onde ás 12:00h terá lugar a misa solemne (coa Agrupación Musical de A Guarda e o Coro Cantábile) e posterior ofrenda floral.

 



 Ás 18:00 h., na carpa do Portiño Novo, obradoiro de alfombrismo infantil, organizado pola Asociación Cultural Alfombras da Guarda, en colaboración coa Comisión de festas da Virxe do Carme e o Concello de A Guarda.




 Ás 19:00h tradicional regata de gameliñas organizada conxuntamente entre a Comisión de Festas e a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro. 

 Para rematar ás 20:00h Festival de Música con Algarabia Folk.  




 A programación de actividades continuará o sábado 22 de xullo, ás 20:30h, no Auditorio de San Bieito coa XXVIII edición do Encontro dos Pobos. Organizado pola Asociación do Lusco ó Fusco, contará coas actuacións dos grupos Bychlewianca (Polonia), Parranda Chaboco (Tenerife) e Do Lusco ó Fusco (A Guarda).  

 O domingo día 23 de xullo, no auditorio de san Bieito realizarase o Festival de Danza Attitude, organizado pola Escola de Danza Attitude.  

 Do 28 ao 30 de xullo terán lugar as Xornadas Gastronómicas do Peixe Espada organizadas por OR.PA.GU. con actividades nos establecementos adheridos e nas rúas da vila.  

 O sábado 29 de xullo, de 10:30 a 15:30h e de 18:30 a 22:00h., celebrarase na praza de Avelino Vicente a III Mostra Creativa do Baixo Miño.  Unha actividade para continuar apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión. Ao igual que o ano pasado, a Mostra coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos.  

 Nese mesmo sábado ás 20:30h, no auditorio de san Bieito haberá un Concerto de Malabares coa Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, actividade enmarcada en “Cultura no Camiño”.  

 Ademais, dentro da programación de actividades deste mes de xullo tamén se inclúen as exposicións. Ata o día 14 estará na Casa dos Alonso a mostra Os Nosos Mares, de Carlos Ramos; e do 18 de xullo ao 1 de agosto contarase coa exposición “4 médicos pintores”, en horario de luns a venres de  9:00 a 14:00h.  




 Neste mes de xullo tamén se ofertan saídas de navegación pola costa de A Guarda no volanteiro Piueiro. Información e inscricións na Oficina de Turismo Municipal e no teléfono 986 61 4546.  

 Tamén continúan as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. De martes a domingo ás 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h. Non é preciso inscrición previa, só acudir á hora indicada ata a antiga Casa Forestal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario