A PROCESIÓN DO SANTÍSIMO SERÁ O DOMINGO POLA TARDE
Coas mans - e a mente - activas, traballando - debullando, desgranando,... - os materiais (casca de piñeiro, mimosa, mirto, tuia, hortensias,...) nas adegas de edificios e vivendas, e mesmo en espazos que outrora tiveron actividade comercial, as persoas - maioritariamente mulleres de diversas idades, ainda que todo hai que decilo, tamén hai homes que axudan en diferentes tarefas - que colaboran nos diferentes tramos de rúas da vila de A Guarda, que se a climatoloxía non o impede, o domingo día 11 deste mes, lucirán ás alfombras na honra do Santísimo Sacramento; teñen o corazón nun puño, como se adoita decir, pensando en como se presentará o Día do Señor. Non é para menos, pois levan realizado desde o mes de maio - e nalgúns casos concretos, mesmo con máis antelación - unha actividade moi laboriosa, que se o tempo axuda, terá súa máxima expresión nas horas previas á procesión.
Nesta edición, "a directiva da Asociación Cultural Alfombras da Guarda informa que este ano a procesión do Corpus, non será pola mañá coma sempre, senón ás 20:00 horas do domingo 11 de xuño. Por este motivo, tamén se retrasará a hora de inicio da elaboración das nosas alfombras. Na maioría dos casos comenzarase ao redor das 6 da mañá, polo que solicitamos e agradecemos a colaboración de todas as persoas que adoitan acudir a nosa chamada.
Na Praza do Reló, por cuestións técnicas, comezarase como é habitual as 18:00 horas do sábado.
Grazas de antemán pola vosa colaboración".
Ningún comentario:
Publicar un comentario