O Concello de A Guarda completa a Casa dos Alonso como sede do concello, co equipamento da 3ª planta
• Para que poida estar operativa é necesario dotala do equipamento e mobiliario necesarios por valor de 48.604 euros
• O remate da Casa dos Alonso como sede do concello forma parte da mellora dos servizos municipais.
Infogauda / A Guarda
O Goberno municipal en funcións, vén de facer público que para rematar a 3ª planta do edificio municipal coñecido como Casa dos Alonso, o concello de A Guarda realizou obras durante o ano 2022, con cargo ao plan concellos da Deputación de Pontevedra, por valor de 141.000 euros.
A planificación prevista é que ás áreas de Servizos Sociais e Urbanismo pasen a ocupar esa 3ª planta, para ter centralizados practicamente todos os departamentos e servizos municipais no novo edificio consistorial.
Para que esa 3ª planta poida estar operativa é necesario dotala do correspondente equipamento e mobiliario. Para este fin o concello de A Guarda solicitou unha subvención á Xunta de Galicia presentando un proxecto de 48.604 euros, dos cales a Xunta concedeu financiamento do 70 %, facendo fronte ao restante 30% o concello con fondos propios.
O remate da Casa dos Alonso como sede do concello forma parte da mellora dos servizos municipais. Neste caso representa un avance importante para o persoal do concello e tamén unha importante mellora para a cidadanía, que será atendida nunhas instalacións máis modernas e mellor dotadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario