26 de maio de 2023

TOMIÑO

VIOLETA DE SANTIAGO, CANDIDATA DO PSdeG-PSOE: "ESTAMOS PREPARADOS PARA COLLER O RELEVO DA ALCALDÍA"

 Afirmou no acto de peche de campaña celebrado no auditorio de Goián


Violeta de Santiago e seu equipo no acto de hoxe en Goián

Infogauda / Tomiño

 Despois de 15 días de "campaña ilusionante e chea de emocións", o PSdeG-PSOE de Tomiño pechou a campaña hoxe no auditorio de Goián.      

 Violeta de Santiago, candidata a alcaldía puxo "en valor" a súa candidatura "que - dixo- está preparada para coller o relevo da alcaldía". 

 "Temos ideas, temos programa, temos a capacidade de conseguir recursos e de xestión e temos todo o apoio do partido na provincia, con David Regades à fronte", afirmou á candidata do PSdeG-PSOE.        

   

Violeta de Santiago, candidata a alcaldía polo PSdeG-PSOE de Tomiño, nun momento da súa intervención no auditorio de Goián

 Violeta pediu a oportunidade de demostrar que "somos quen de gobernar doutro xeito, onde as persoas sexan escoitadas, e sexan o centro da política local".           

 "O saneamento e unha xestión do lixo eficaz e eficiente, o emprego como peza clave para o benestar da cidadanía, promover o acceso a unha vivenda digna (tanto para xóvenes como para persoas vulnerables), un novo PXOM para ordenar o territorio de acordo ás novas demandas; a creación dun polígono industrial, a axuda constante ao comercio local de proximidade porque é o que dinamiza, crea riqueza e emprego e revitaliza socialmente", son algunhas das prioridades do PSdeG-PSOE de Tomiño.           

 "E por suposto - engadiu Violeta de Santiago - apostamos sen limitacións polos servicios sociais. Porque a nosa candidatura cree no benestar das persoas vivan na parroquia que vivan. 

 Imos escoitar a toda a cidadanía porque así se fai un rural vivo e dinámico". 

 "O turismo e a cultura serán tamén eixos fundamentais como dinamizadores e creadores de emprego" para o equipo humano que encabeza Violeta de Santiago. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario