Antonio Lomba pide “o apoio masivo dos meus veciños e veciñas este domingo. Somos a única opción fiable e responsable para dirixir o futuro da Guarda”
“Continuaremos co noso proxecto social e progresista, temos moitas actuacións e iniciativas xa encamiñadas para facer da nosa vila un lugar mellor”, asegura o candidato socialista
Infogauda / A Guarda
Antonio Lomba, candidato do PSdeG-PSOE á reelección como alcalde de A Guarda, pediu “o apoio masivo este domingo dos meus veciños e veciñas para seguir traballando por A Guarda, para mellorar o noso pobo como fixemos nestes últimos anos”.
Antonio Lomba agradeceu “o recoñecemento ao traballo feito, o interese e as propostas dos veciños e veciñas nesta campaña, onde fixemos un repaso dos últimos anos e falamos de futuro, de proxectos que xa temos moi encamiñados para A Guarda”.
“Nestes catro anos demostramos responsabilidade e capacidade de xestión. Puxemos en marcha numerosos servizos e infraestruturas públicas, e o que queremos é continuar coa nosa folla de ruta. Cumprimos con A Guarda e pido o apoio masivo dos veciños para seguir polo mesmo camiño con humildade, para facer da nosa vila un lugar mellor”, reiterou.
En palabras do candidato do PSdeG-PSOE, “somos a única opción fiable e sólida para dirixir o futuro do noso pobo. Temos proxecto, forza e ganas para seguir traballando polo noso pobo”.
“Veñen catro anos moi bos para o noso concello se obtemos a vosa confianza o domingo, con moitos proxectos xa encamiñados que mellorán a vida de todos”, rematou Antonio Lomba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario