PESCADORES GALEGOS E LUSITANOS, LEVAN A BRUSELAS SÚAS INQUEDANZAS SOBRE O IMPACTO DA EÓLICA MARIÑA NA PESCA
• Na conferencia organizada por Ana Miranda Paz, eurodeputada do BNG, que se celebrou na Eurocámara, baixo o tema: "Sobre eólica mariña: cara un fracaso ambiental?"
Infogauda / Bruselas
O patrón maior da Confraría de Pescadores Santa Tecla, Rubén Adrover Álvarez, e o vicepatrón maior 2º, Nacho Carballal, estiveron hoxe en Bruselas representando a confraria de A Guarda, na conferencia organizada por Ana Miranda Paz, eurodeputada do BNG, que se celebrou na Eurocámara, baixo o tema: "Sobre eólica mariña: cara un fracaso ambiental?".
Os representantes dos pescadores de baixura de A Guarda, estiveron acompañando a outros portavoces do sector, como José Basilio Otero Rodríguez, patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías; Torcuato Teixeira Valoria (representante da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños); Francisco Javier Costa García, da Confraria de Pescadores "San Xosé" de Cangas; María Magdalena López e María Rodríguez, patroa maior e secretaria, respectivamente, da Confraria de Pescadores de Cedeira; así como Xavier Aboi Pérez, representante de CIG Mar; Fins Eirexas, representante da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA); Nuno Filipe Moreira, representante dos sindicatos de pesca de Portugal; e os deputados autonómicos Rosana Pérez Fernández e Ramón Fernández Alfonso, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego.
"En Galiza o noso sector pesqueiro xógase a súa supervivencia e o seu futuro, pero tamén vemos como noutros territorios o seu impacto tamén é moi negativo e queremos analizalo en profundidade", afirmou Ana Miranda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario