Indo con FoGaReS SaNXe: primeira Andaina Solidaria Inclusiva
• O evento celebrarase no Auditorio San Bieito, de A Guarda, o sábado 27 de maio en horario de 09:30 a 13:00h.
Asociación San Xerome / A Guarda
Para San Xerome é fundamental que as persoas con diversidade intelectual teñan o mesmo dereito á emancipación que o resto de persoas sen discapacidade, e que poidan ver realizado o seu proxecto de vida no presente e cara ao futuro. Para garantir este dereito, a Asociación puxo en marcha o proxecto de FoGaReS SaNXe, solución residencial innovadora no antigo Colexio das Carmelitas, de A Guarda, onde 60 persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño poderán vivir unha vida adulta independente, cos apoios necesarios para poder facelo.
A Asociación organiza o sábado 27 de maio a primeira Andaina Solidaria Inclusiva para recadar fondos para o proxecto FoGaReS SaNXe.
Esta Andaina será na Guarda (Pontevedra) partindo do Auditorio San Bieito e chegando de volta ao mesmo sitio.
Haberá dous percorridos para permitir a participación de todas as persoas:
Modalidade completa - percorrido circular: 10 km desde auditorio San Bieito, volta ao Monte Santa Trega.
Modalidade inclusiva – 3.000 m desde a Praia do Forte (Camposancos) ata o Auditorio San Bieito. (Transporte con furgoneta para as persoas con mobilidade reducida).
Este evento conta co apoio do Concello de A Guarda, Policia Local, GES, Cruz Vermella e dalgunhas das empresas máis influentes do Baixo Miño (Conservas A Rosaleira, Terras Gauda, Imerys, Froiz, Orpagu, Polirrós, Clínica López Sousa, Talaso Atlántico, Decathlon, Eurobanan, CocaCola, …) e sobre todo a colaboración das persoas voluntarias da Asociación San Xerome Emiliani.
Ao final do Andaina haberá un sorteo solidario en colaboración con tendas e empresas da contorna e un concurso que premiará á gorra máis orixinal.
O evento “Indo con FoGaReS SaNXe” celebrarase no Auditorio San Bieito, de A Guarda (Pontevedra) o sábado 27 de maio en horario de 09:30 a 13:00h.
Para participar na Andaina Solidaria Inclusiva é necesario cubrir o cuestionario ata o día 26/05/2023 premendo nesta ligazón.
As primeira 300 persoas que se inscriban terán unha camiseta de agasallo. Toda a información sobre a Andaina pódese ver na páxina web da Asociación San Xerome.
Para máis información, escribir a dona@sanxerome.com.
Tamén está dispoñible a opción de Km 0 para aquelas persoas que non poidan asistir ao evento pero queiran colaborar co proxecto de FoGaReSSaNXe.
Estades todas e todos convidados…Esperámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario