Antonio Lomba impulsará no próximo mandato o polígono empresarial A Guarda-Rosal
• Co apoio xa comprometido da Zona Franca e SEA
Infogauda / A Guarda
“Mellorar as nosas comunicacións e crear un contexto adecuado para as empresas e emprendedores son dúas prioridades para A Guarda”, asegura Antonio Lomba. “Por iso - engadiu - impulsaremos no próximo mandato o polígono empresarial A Guarda-Rosal”.
“O polígono, de 260.000 metros cuadrados, xa conta co apoio da Zona Franca e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), que no pasado mes de marzo presentaron un estudo que establece a súa viabilidade”, asegura o candidato do PSdeG-PSOE á reelección.
“O polígono terá unha extensión de algo máis de 26 hectáreas, no espazo comprendido entre as estradas provinciais PO-353 e PO-354, dispoñendo esta última de conexión coa N-550, no núcleo de As Patas.
Este polígono e a autovía a Tui serán dous piares moi importantes da Guarda do futuro”, explica Antonio Lomba.
Outro proxecto socialista para xerar emprego é o Centro de Desenvolvemento Local. “Temos previsto rehabilitar a primeira planta do concello vello para crear un centro de desenvolvemento, no que se habilitará un espazo de traballo colaborativo e aulas de formación”, remata Antonio Lomba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario