24 de maio de 2023

OIA

Oia vai acoller un campamento infantil 

 Para facilitar a conciliación durante o mes de xullo   




Infogauda / Oia

 O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá, do 1 ao 31 de xullo, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 3 a 11 anos. Baixo o título “A arte cos 5 sentidos” esta proposta de conciliación desenvolverá actividades arredor da cerámica, pintura, escultura e obradoiros textís. Tamén haberá actividades recreativas, xincanas e festa.   

 O campamento é unha iniciativa de Matrácala e conta coa colaboración do Concello de Oia. Desenvolverase en horario de mañá (de 9.00 a 14.00h) e ten un custo de 90 euros o mes completo e 60 euros a quincena.  

 As prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse no correo electrónico info@matracala.es. O prazo de inscrición estará aberto do 5 de xuño ás 8.00 horas ata o 15 de xuño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario