Novas datas para
as Andainas A Guarda - Caminha Primavera 2023
Infogauda / A Guarda
Esta primavera o Concello de A Guarda e a Cámara Municipal de Caminha organizaron novamente a actividade de
Andaina onde os participantes percorren outras vilas e paisaxes descubrindo as
belezas do patrimonio material e natural.
O calendario das andainas de
Primavera 2023 incluíu catro andainas e polas previsión de mal tempo houbo que
trasladar a novas datas polo que agora hai novas prazas dispoñibles para os
interesados.
Polo que os interesados poden contactar a partir do xoves 18 de maio en turismo@aguarda.es ou no tel. 986 614 546 informando do seu interese.
NOVO CALENDARIO ANDAINAS A GUARDA - CAMINHA PRIMAVERA
2023 |
|
Data nova |
Andaina |
20 de maio |
Ecopista Río Miño entre Monçao e Valença |
3 de xuño |
Trilho Porta do Mezio na Serra
do Géres |
24 de xuño |
Andaina pola Illa de Sálvora e paseo polas Pedras Negras de San
Vicente do Mar (O Grove) |
ANDAINA 1.- SÁBADO, 20 DE MAIO: ECOPISTA DO RÍO
MIÑO MONÇAO / VALENÇA |
Saída: 9:00 h. da explanada da Sangriña
Hora
aproximada de chegada A Guarda: 17:00h
Prezo:
10 €
Tipo: ruta lineal
Percorrido:
natural/etnográfico
Punto
de partida/chegada: Monçao / Valença do Minho
Distancia:
13 km
Duración:4,5
h
Grao
de dificultade: fácil
Descrición:
Tratase dunha ecopista de referencia para os practicantes
de deporte na natureza, que se desenvolve
na marxe esquerda do rio Miño, ao longo do trazado da liña férrea
desactivada. Ao longo do traxecto, os participantes serán sorprendidos por
viñedos, campos de cultivo e vistas panorámicas sobre o rio Miño, e poderán
apreciar as pesqueiras, as praias fluviais e as insuas, incluídas na Rede
Natura 2000.
En Troporiz, parroquia onde o río Gadanha encontra o “Pai
Miño”, como xentilmente os galegos tratan o rio Miño, encontramos unha
verdadeira postal ilustrada, cunha magnífica beleza paisaxística, perpetuado
nas historias tempestuosas de dous pobos que a amistade uniu.
Durante
o percorrido será posible visitar a Torre da
Lapela, maxestosa construción medieval de planta cuadrangular con trinta e
cinco metros de altura, que se ergue sobranceira ao río Miño, e poderase
apreciar o patrimonio ferroviario edificado. A andaina terminará xunto ao mosteiro beneditino de
Ganfei.
ANDAINA 3.- SÁBADO, 3 DE XUÑO: TRILHO DO MEZIO – PARQUE NACIONAL DA PENEDA-GÊRES
(ARCOS DE
VALDEVEZ)
Saída: 9:00 h. da explanada da Sangriña
Hora
aproximada de chegada A Guarda: 19:00h
Prezo:
10 €
Tipo: ruta circular
Percorrido:
natural/ paisaxístico/cultural
Punto
de partida/chegada: Portela do Mezio
Distancia:
8 km
Duración:
5h
Grao
de dificultade: moderado
Descrición:
A
ruta do Mezio localizase na pendente da Serra do Soajo, e permite aos
participantes percorrer camiños rurais e bonitos cenários agrícolas e florais
das aldeas de montaña do Vale do Lima, na parroquia de Cabana Maior, do
concello de Arcos de Valdevez.
O punto de partida deste
recorrido é na Portela do Mezio, onde se sitúa a
Porta do Mezio, unha das cinco portas do Parque Nacional da Peneda Gerês, porta
de entrada para a magnífica inmensidade das montañas e vales do Soajo e Peneda,
territorio magnífico que a UNESCO considera Reserva Mundial da Biosfera.
Neste
punto será posible visitar o
Centro Interpretativo, o Parque da Biodiversidade e o Núcleo Megalítico
existente, área arqueolóxica que engloba cerca dunha decena de monumentos
funerarios pre-históricos – as “Antas do Soajo”- construídos hai cerca de 5000
anos, e un conxunto significativo de gravados rupestres, composto por cerca de
100 rochas gravadas.
ANDAINA 4.-
SÁBADO, 24 DE XUÑO: ANDAINA POLA ILLA DE SÁLVORA E PASEO POLAS PEDRAS NEGRAS
DE SAN VICENTE DO MAR (O GROVE) |
Saída: 8:00 h. da explanada da Sangriña
Hora
aproximada de chegada A Guarda: 19:00 h.
Prezo:
22,50 €
Tipo:
rutas lineais
Percorrido:
natural/etnográfico
Punto
de partida/chegada: Porto do Grove
Distancia:
5 km + 3,4 km
Duración:
3 h + 1h
Grado de dificultade: fácil
Descrición:
Sairemos
do Grove con destino a Sálvora, illa que forma parte do Parque Nacional Illas
Atlántica de Galicia. Na illa, dividiremos o grupo en grupos de 25 persoas para
poder admirar con calma este lugar, e realizaremos as súas dúas rutas: a antiga
aldea e o faro. Durante o percorrido, os guías acreditados nos explicarán o porqué
da importancia deste lugar, a súa fauna e flora, e as historias aquí ocorridas,
coma o naufraxio do vapor Santa Isabel, na parte oeste da illa, entre outros
moitos segredos.
Unha vez feitas as rutas,
regresamos ao barco para volver navegando ata o porto. Pola tarde, realizaremos
o sendeiro de Pedras Negras, en San Vicente do Mar, un paseo relaxado pegado ao
mar que nos permitirá observar entre as pasarelas de madeira, unha xeoloxía de
bolos moldeados polas condicións do mar, que forman unha paisaxe especial e
totalmente distinta da costa á que estamos acostumados.
A ruta pola illa é fácil pero non hai que confiarse e sempre hai levar
calzado adecuado e roupa de abrigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario