ANXO LOIS BAZ PECHARÁ A CAMPAÑA NA PRAZA DE SAN CAETANO
• Acompañado do exportavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez
Infogauda / A Guarda
O BNG vai celebrar o acto de peche de campaña na Praza de San Caetano, o venres 26 de maio ás 20.30 horas. O candidato á alcaldía Anxo Lois Baz Vicnete, estará acompañado nesta ocasión polo exportavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez Vázquez e pola número dous da candidatura, Beatriz Lomba Rodríguez.
O acto rematará nunha festa final de campaña con petiscos e coa actuación musical do Coro Fuscalheiro ao que están convidadas todas as persoas que desexen asistir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario