A Xunta de Galicia vén de conceder máis de 71.000€ para a transformación paisaxística do acceso a fortaleza de Santa Cruz
• Esta subvención estará dirixida a mellorar o entorno do acceso a fortaleza pola Porta de Socorro.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de recibir da Xunta de Galicia a resolución positiva da subvención que se solicitou nunha convocatoria de axudas dirixidas a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea - Next Generation EU.
A través desta intervención repoñeranse todas aquelas árbores que se atopan danadas no acceso a fortaleza de Santa Cruz e realizarase unha actuación na principal zona axardinada creando un pequeno bosque de plantas aromáticas e un “hotel para insectos”, unha iniciativa que favorece a biodiversidade, e pode servir como ferramenta pedagóxica para os centros educativos e outros colectivos interesados no coidado do medio ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario