Os socialistas da Guarda agradecen “o apoio da xente que valorou a nosa xestión"
E abren agora unha nova etapa, na que afirman: “Seguiremos traballando pola nosa vila”
Infogauda / A Guarda
Logo da xornada electoral do 28 de maio, desde o PSdeG-PSOE da Guarda queren agradecer “o apoio da xente que valorou o noso traballo nestes anos e as propostas do noso programa electoral”.
Antonio Lomba Baz recoñece: “O resultado non foi o que nós esparabamos despois duns anos intensos e de moito traballo, pero temos que aceptalo e respectar a vontade da veciñanza”.
Os socialistas abren agora unha nova etapa na que afirman: “Seguiremos traballando a diario pola nosa vila”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario