O grupo de voluntariado de limpeza da natureza prepara unha nova saída en Fornelos
Será o domingo 4 de xuño ás 10.00 horas, e centrarase na Ponte da Parraporrosa e na Ponte da Pedra
Infogauda / O Rosal
O grupo municipal de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal prepárase para unha nova saída coa que fomentar a concienciación e a participación activa da veciñanza no coidado da contorna e na conservación dos espazos naturais.
A actividade desenvolverase o vindeiro domingo 4 de xuño a partir das 10.00 horas. Nesta ocasión o grupo desprazarase ata Fornelos para a limpeza da Ponte da Parraporrosa e na Ponte da Pedra.
As persoas participantes irán recollendo o diferente lixo que se vaia atopando na contorna, polo que se recomenda ás e aos participantes que leven luvas, aínda que a organización levará bolsas e tamén luvas por se alguén as precisa. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse ata o 31 de maio chamando ao Concello ao teléfono 986 625 000 ou enviando un correo electrónico a conserxe@orosal.gal especificando nome, apelidos e DNI tanto da persoa participante como daquelas inscritas baixo a súa responsabilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario