O ELECTORADO DE CAMPOSANCOS ELEXIU, POR MAIORÍA, QUE Á ALCALDESA-PEDÁNEA SEXA NOVAMENTE Mª MERCEDES MARTÍNEZ VÁZQUEZ (MERCHI)
E dese xeito aprobou o labor realizado por ela e seu equipo humano, ao longo destes 4 anos precedentes
Infogauda / Camposancos
Ademais de elexir ás persoas que serán concelleiras na próxima corporación municipal do concello de A Guarda, en Camposancos, cun censo de 878 persoas con dereito a voto, os electores tiñan tres candidatas á alcaldesa-pedánea da Entidade Local Menor (E.L.M.): María Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), polo BNG, que optaba á reelección; Mª Jesús Martínez Martínez, actual vogal - en funcións -, polo PP; e Mª Monserrat Magallanes Álvarez, do PSdeG-PSOE, que se presentaba por vez primeira.
Os resultados acadados por cada candidatura foron os seguintes: BNG: 344 votos; PSdeG-PSOE: 150 votos; e PP: 96 votos.
Dese xeito, a alcaldesa-pedánea da E.L.M. de Camposancos será María Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), do BNG, quen a vista do respaldo acadado, pode sentirse plenamente lexitimada pola xestión realizada por ela e seu equipo humano, ao longo do mandato que agora conclúe e que en datas próximas dará paso a un novo cuatrienio a prol da veciñanza e do pobo de Camposancos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario