O SECTOR DA PESCA DE BAIXURA AMOSA SEU REXEITAMENTO AOS PROXECTOS DE EÓLICA MARIÑA
Infogauda / A Guarda
Co lema de "O vento é gratis, a eólica mariña, non", o sábado día 20 de maio, ás 12:00 horas celebrouse unha concentración na Praza de Avelino Vicente, organizada pola Confraria de Pescadores Santa Tecla, de A Guarda, en contra da instalación de parques eólicos no mar.
Interviron o patrón maior da Confraría de Pescadores Santa Tecla, de A Guarda, Rubén Adrover Álvarez; Javier Costa García, patrón maior da Confraría de Pescadores "San Xosé", de Cangas; e José Manuel Rosas Otero, presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra.
A Confraría de Pescadores Santa Tecla, agradece "aos asistentes que nos siguen apoiando ante esta dura loita, que temos cos representantes do noso pais, e que mentras teñamos forza seguiremos loitando polos nosos dereitos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario