13 de maio de 2023

A GUARDA

Antonio Lomba: "Xestionaremos a senda arredor do Trega para mellorar o tráfico peonil na PO-352 de Camposancos”. 

  “Xa lle presentamos un anteproxecto á Xunta no ano 2020, aínda que agora o candidato do PP intente apropiarse da idea”, sostén o candidato socialista  


Infografía amosando o aspecto que presentará á senda arredor do Trega


Infogauda / A Guarda

 Antonio Lomba, candidato socialista á reelección como alcalde da Guarda nas municipais do 28 de maio, garante que no próximo mandato “xestinaremos a senda arredor do Trega para mellorar o tráfico peonil na PO-352 de Camposancos, esta actuación é estratéxica para nós”. 

 “Esta senda é prioritaria para dar seguridade ás persoas que transitan a pé ou en bicicleta cara a zona de Camposancos e nós xa presentamos un anteproxecto no ano 2020 á Xunta de Galicia, que é a administración que ten as competencias para facer a senda”, explica Antonio Lomba.  

 “Continuaremos buscando fondos para o seu financiamento e esixíndolle ao goberno galego a súa construción, o proxecto xa está listo, aínda que Roberto Carrero, o candidato do PP, intente agora apropiarse da idea”, engade.  

 “A PO-352 é unha das principais arterias de comunicación da Guarda e no verán a circulación de vehículos e peóns e moi elevada; o noso proxecto de senda contempla unha actuación na totalidade da estrada, que non conta con beirarrúas”, remata Antonio Lomba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario