13 de maio de 2023

A GUARDA

Comunicado do Equipo de Goberno da Guarda en relación ao proxecto Fogares Sanxe 


O alcalde de A Guarda participou na reunión mantida coa representación das familias de San Xerome e Fogares Sanxe o pasado mércores día 10 de maio

Equipo de Goberno do Concello de A Guarda

 En relación a recente publicación dun comunicado sobre Fogares Sanxe, na que se falaba da postura dos grupos políticos da corporación respecto a este proxecto, pero que na que non se aclaraba a postura do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a pesar de estar presente na reunión a que se fai referencia no comunicado, dende o goberno municipal guardés queremos aclarar a nosa postura. 

 O pasado 4 de maio unha representación de San Xerome mantivo unha reunión cunha representación do equipo de goberno da Guarda, representado polo alcalde, Antonio Lomba e a tenente de alcalde, Monserrat Magallanes. Unha máis das moitas que se veñen mantendo entre San Xerome e o concello polo proxecto Fogares Sanxe. 

 Nesta reunión os responsables muinicipais trasladaron a San Xerome “o apoio e o seu compromiso para impulsar as actuacións necesarias para sacar adiante o proxecto Fogares Sanxe” como xa fixeran en reunións anteriores. Incluso instaron a asociación a axilizar a preparación de documentos para axilizar os trámites administrativos do proxecto. Nesta reunión Montse Magallanes trasladou que a postura do goberno local era coincidente coa postura do grupo municipal socialista. 

 O alcalde da Guarda volveu a reiterar “o apoio e o seu compromiso para impulsar as actuacións necesarias para sacar adiante o proxecto Fogares Sanxe”, na reunión mantida coa representación das familias de San Xerome e Fogares Sanxe o pasado mércores 10 de maio. 

 O alcalde manifestou na mesma reunión que o apoio a este proxecto vén dado porque considera que “o proxecto Fogares Sanxe é un proxecto de moito interés para o concello e para os veciños e veciñas da Guarda”. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario