13 de maio de 2023

A GUARDA

ESPAZO COMÚN PRESENTOU SÚA CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

 O acto contou coa asistencia de veciñas e veciños das tres parroquias de A Guarda 


Arroupados por máis dun centenar de persoas, ESPAZO COMÚN presentou súa candidatura para ás eleccións municipais do 28M, no Concello de A Guarda


ESPAZO COMÚN / A Guarda

 Arroupados por máis de cen veciños/as das tres parroquias de A Guarda, na tardiña de onte, no salón do Casino, fíxose á presentación da candidatura para ás eleccións municipais do 28 de maio, donde se informou sobre as diversas propostas de ESPAZO COMÚN. 

 Baixo a consigna de “ISTO NON PODE SEGUIR ASÍ” se lle informou a cidadanía, sobre o programa de choque, para que se proceda de maneira inmediata a lavar e baldear as rúas; arranxo e cambio de baldosas nas mesmas; a instalación de papeleiras nos puntos maís estratéxicos do pobo; limpeza e desbroce de camiños, a fin de dar inicio o labor de mellorar a localidade para poder “vivila” e non ter que sufrila, como sucede neste momento; a reparación das diversas pasarelas de madeira, donde a maioría están podres e rotas, provocando caídas a cotío; barandillas existentes en diversas rúas, onde non se teñen arranxado dende fai anos e a maioría están carcomidas polo óxido e a salitre,... Medidas que sirvan para cambiar a faciana deste pobo e non sirvan de crítica para residentes e visitantes, como acontece nestes momentos.


Celso Rodríguez Fariñas, candidato de ESPAZO COMÚN á alcaldía de A Guarda, nun momento da súa intervención no acto de presentación da candidatura
Mª Sofía Vicente Álvarez, candidata nº 2 de ESPAZO COMÚN, nun momento da súa intervención

 Que a cultura non esté “tutelada” polo Goberno Local, e as subvencións se repartan de maneira paritaria e non pola cor e amizade co Goberno; revisión das cuantías e apoio axeitado as festas populares. 

 Para que o deporte, teña a máxima axuda, dándolle instalacións axeitadas as súas necesidades, e para que aqueles clubes que “tiveron” que emigrar volvan a casa. Que a Festa do Deporte sexa dos deportistas, elexindo eles aos mellores de cada especialidade, sin tutelaxe municipal.

 Para que A Guarda poida volver a ser o referente social, cultural, deportivo e comercial do Baixo Miño, apoiando a creación de novos postos de traballo e que non avance o deterioro que estamos a sufrir e que nos leva a correr o risco de convertirnos “nun xeriátrico” poboacional, coa perda constante de censados e a fuga de cerebros xoves pola falta de oportunidades para fixar residencia no seu pobo. Para que o deporte, a cultura e o turismo sexan os grandes representantes deste pobo fora das nosas fronteiras. 

 Fin da CITA PREVIA, e implementar á atención a cidadanía varios días da semana pola tarde, para  aquelas persoas que por motivos laborais, non dispoñen de tempo polas mañás. 

 Pola solución dos aparcadoiros públicos para que as regulacións de tráfico non fagan que locais e visitantes se despracen a outras localidades nos momentos de ocio ou de compras. 

 Dende  ESPAZO COMÚN, pedimos o voto para que se nos dé á oportunidade de demostrar que hai outra forma de facer política, poñendo en primer lugar o benestar dos guardeses/as sen recibir ordes e modelos, de Madrid, Santiago ou Pontevedra. 

Candidatura ESPAZO COMÚN (ESCO)

1. DON CELSO JUAN RODRIGUEZ FARIÑAS

2. DOÑA MARÍA SOFIA VICENTE ALVAREZ

3. DOÑA VANESA RODRIGUEZ MARTÍNEZ

4. DON RAMÓN GONZÁLEZ GONZÁLEZ

5. DON BRAIS CASTRO CIVIDANES

6. DON JULIO ALVAREZ PIMENTEL

7. DOÑA REBECA JANUARIO MARTÍNEZ

8. DON JOSÉ MANUEL ROMERO MARTÍNEZ

9. DOÑA LUCÍA LLAMERA GONZÁLEZ

10. DON MANUEL ADROVER MARQUEZ

11. DOÑA MARÍA LUCÍA DOMÍNGUEZ COSTOYA

12. DON EZEQUIEL RODRIGUEZ LOMBA

13. DOÑA MARÍA NAVARRO SAAVEDRA

14. DON RAMÓN GONZÁLEZ GONZÁLEZ

15. DON VICTOR ALVAREZ GONZÁLEZ

16. DOÑA ANA ISABEL ALVAREZ PIMENTEL

17. DON FRANCISCO ARAUJO GONZÁLEZ

SUPLENTES

1. DON JOSÉ MARÍA SILVA SOBRINO

2. DOÑA CAROLINA ALVAREZ MARTÍNEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario