4 de abr. de 2023

OIA

O Campo de Fútbol de As Tornas, de Oia verá renovado o seu céspede e as porterías grazas á Deputación de Pontevedra de Carmela Silva 


Gerardo Rodríguez Refojos, candidato á alcaldía do Concello de Oia, con Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra



Agrupación local do PSdeG-PSOE / Oia

 A Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos, financiará a mellora das instalacións do Campo de fútbol das Tornas, en Santa María de Oia. 

 Grazas a esta intervención renovarase o céspede e as porterías do campo de fútbol mellorando as condicións do terreo de xogo e deste equipamento municipal. 

 A inversión da Deputación de Pontevedra supón un investimento total de 236.350,86 € realizado a través do Plan Concellos. 

 O prazo estimado de execución das obras de mellora no Campo de fútbol das Tornas, en Santa María de Oia será de aproximadamente tres meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario