4 de abr. de 2023

DEPORTES

PIRAGÜISMO

3 MEDALLAS DE OURO PARA OS TEIXUGOS, NA COPA GALEGA DE SLÁLOM  


Alba Soutelo, tivo dobre participación, en K1 e C1, conseguindo dous ouros
Emilio Rodríguez, en K1 veteranos, fixo o mellor tempo, facéndose coa medalla de ouro


Informa (fotografías e redacción); Rosa Fernández Carrera

 O sábado 1 e domingo 2 asistimos a unha dobre cita co slálom nas augas do río Coura, en Covas. Organizado polo Club Deportivo Miño-Teixugos, contou coa participación de máis de 100 deportistas de tódolos clubs de slálom galegos.  

 O sábado, os máis pequenos do panorama galego, disputaron o Campionato Galego de Promoción de Slálom. O formato da máis importante das competicións de Promoción, solo admite as categorías cadete e infantil. Cun total de 56 deportistas, do Club Deportivo Miño-Teixugos, participaron Brais Álvarez, Iván Cruz e Xián Pérez, en Infantil; e Pedro Lomba, en Cadete. Ningún deles conseguiu meterse en finais. Tamén baixaron, pero como abridores, algúns deportistas benxamíns e alevíns do club: Álex Barreiro, Martín Vicente, Nico Piñeiro, Leila Álvarez e Nerea Álvarez. Fixeron un gran papel, pois o trazado e as condicións do circuíto estaban preparados para niveles superiores.  





 O domingo celebrouse a 2ª Copa Galega de Slálom, onde 57 padexeiros tomaron a saída. Os Teixugos acudiron cun equipo moi reducido. En C1 sénior, Brais Castro, a piques estivo de subir ao podio, rematando cuarto. Emilio Rodríguez, en K1 veteranos, fixo o mellor tempo, facéndose coa medalla de ouro. Alba Soutelo, tivo dobre participación, en K1 e C1, conseguindo dous ouros.  

 Rematar cunha chamada a necesidade de aumentar as campañas educativas e institucionais para a promoción do deporte feminino. Cada ano, as diferencias entre participantes masculinos e femininos medran, as categorías masculinas duplican e incluso triplican as femininas. Esta brecha, lonxe de minguar, crece cada ano, o que demostra que nesta sociedade aínda queda moito que traballar en prol da igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario