A praza de Avelino Vicente lucirá máis fermosa coa obra do artista Antonio Martínez “Cachi”
• Ese mural é a primeira fase dun completo proxecto de ornamentación da contorna que pretende cubrir todos os muros que se atopan deteriorados na mesma.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda deu inicio este ano a outra iniciativa para seguir mellorando a imaxe da vila. En colaboración co artista local Antonio Martinez Martínez “Cachi” estáse levando a cabo a creación dun mural na praza de Avelino Vicente González, unha das zonas da vila máis concorridas por veciñanza e visitantes a día de hoxe.
A pesares de que a obra aínda non está rematada, xa se pode apreciar nela a gran habilidade que ten este artista guardés - con ampla traxectoria e currículo expositivo - para capturar a beleza e singularidade da nosa vila.
O Goberno municipal invita “a desfrutar do proceso creativo e a apreciar como a esencia do noso pobo se vai reflectindo nesta espectacular obra de arte, que esperamos se converta nun punto de referencia para a comunidade e nunha atracción turística máis.
A través desta iniciativa preténdese mellorar a estética desa contorna e, ao mesmo tempo, destacar elementos singulares do noso pobo: o mar, a cultura e o patrimonio, tanto material como inmaterial”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario