A CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATARÁ SOBRE A PROPOSTA DE DECLARACIÓN COMO FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA DE D. JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI
• Nunha sesión plenaria extraordinaria que se celebrará na Casa do Concello, o sábado día 15 de abril, ás 12:00 horas.
• Unha vez rematado pleno, os actos de homenaxe ao doutor Lemos, continuarán na rúa Manuel Álvarez
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
No día de hoxe, mércores 5 de abril de 2023, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, fixo pública á convocatoria dunha sesión plenaria extraordinaria, que se celebrará na Casa do Concello, o sábado día 15 de abril, ás 12:00 horas.
O asunto da convocatoria é o seguinte:
PUNTO ÚNICO.- Proposta declaración como fillo adoptivo do Concello da Guarda de don Joaquin Lemos Zunzunegui.
Desde este xornal dixital transfronteirizo queremos deixar constancia que a devandita sesión plenaria é pública, motivo polo cal poderán asistir a mesma todas as persoas que o desexen.
En calquer caso, para aquelas persoas que non poidan asistir, poderán seguir á sesión pola canle de YouTube, do Concello de A Guarda.
Asemade, queremos avanzar, que logo de rematar o pleno extraordinario, os actos de homenaxe ao doutor Joaquín Lemos Zunzunegui terán continuidade no espazo privado, de uso público, situado na rúa Manuel Álvarez Vicente, nº 16 (A Guarda), ao carón da Clínica La Guardia. Nese lugar será descuberto un busto de bronce - que representa a efixie do prezado médico -, realizado en bronce, polo escultor Magín Xulio Picallo Durán. Esa obra de arte - promovida pola Asociación de Amigos do Dr. Tito Lemos e por InfoMAXE, e sufragada por subscrición popular - estará apoiada sobre unha peana, realizada en pedra. E nun lateral da mesma, levará unha placa en cerámica co texto Praza de Tito Lemos, que desde ese día será a denominación dese lugar tan vencellado a actividade profesional realizada polo doutor Lemos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario