21 de mar. de 2023

A GUARDA

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO E OS POPULARES DE A GUARDA CONFIRMAN A OBRA DE REHABILITACIÓN DO PANTALÁN DE A PASAXE, CON CARÁCTER INMEDIATO  

 A sociedade guardesa demandaba o arranxo do pantalán de A Pasaxe para que o ferry-boat Camposancos-Caminha volvese unir ambas as dúas ribeiras e posibilitar tanto o roteiro do Camiño de Santiago Portugúes pola Costa como a conexión social de ambos os países mediante automóbiles  


Roberto José Álvarez Carrero, portavoz dos populares e candidato á alcaldía de A Guarda, no pantalán e estruturas de atracada do porto de A Pasaxe (Camposancos)

Infogauda / A Guarda

 “O prometido é débeda”, afirma Roberto José Álvarez Carrero, portavoz dos populares e candidato á alcaldía de A Guarda para as eleccións municipais do 28-M, quen xa na inauguración do Xacobeo Transfer anunciaba como “desde o PP da Guarda estábase xestionando o estudo técnico e reparación do pantalán de atracada do ferry-boat en Camposancos, ante a pasividade de Antonio Lomba e a crítica sen sentido do seu socio Anxo Baz quen afirmaba que o ferry-boat non realizaba roteiros polo mal estado do pantalán de A Pasaxe e o abandono da Xunta de Galicia coa Guarda”.

 A obra realízase mediante o procedemento de contratación administrativa de emerxencia por importe de (584.393,70 €).

 En palabras de Roberto José Álvarez Carrero: “O arranxo do pantalán e estruturas de atracada variadas do porto de A Pasaxe era unha necesidade que demandaba toda a cidadanía guardesa para que A Guarda e Caminha volvan estar conectadas mediante o ferry-boat portugués Santa Rita de Cássia. O Sr. Alcalde Antonio Lomba e o seu socio Anxo Baz, como de costume, criticaban e protestaban ante unha situación sen solucionar absolutamente nada. Ao final, tivemos que volver ser nós quen, despois de manter múltiples reunións con responsables de Portos de Galicia, comezadas ao finais do ano 2021, logramos que se inicien as obras. Esta xestión poderíana realizar Antonio Lomba se tivese iniciativa, ou Anxo Lois se tivese capacidade. Estou farto de que Antonio Lomba e Anxo Lois, como sabemos socios de investidura e goberno na Guarda, actúen sempre igual: protestas sen solución por incapacidade, botar a culpa da súa falta de gestion á administración autonómica, a Roberto Carrero, ou ao PP da Guarda para levantar cortinas de fume que tapen as súas carencias. Nós estamos por encima do sectarismo e trabas dos socios do goberno guardés. Sempre apoiaremos calquera inicitiva que sexa positiva para a nosa vila”.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario