2 de feb. de 2023

TOMIÑO

O Concello aclara que non emprega gasóleo agrícola en ningún dos vehículos do parque móbil municipal  

 O Concello ten un contrato cunha empresa subministradora de gasóleo cun estrito protocolo para a repostaxe da frota municipal 

 O Concello está a facer as investigacións oportunas para aclarar os motivos polos que o vehículo expedientado, en aluguer, foi entregado con este tipo de combustible 


Casa do Concello de Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño 

 O Goberno municipal do Concello de Tomiño vén de facer público o seguinte comunicado:

 "Ante as últimas informacións difundidas por parte do Partido Popular sobre un expediente sancionador por uso de gasóleo agrícola no parque móbil municipal, o Concello de Tomiño aclara que non emprega este tipo de combustible en ningún dos 35 vehículos que integran o parque móbil municipal. 

 O Concello ten un contrato cunha empresa subministradora de combustible que garante a correcta repostaxe de calquera vehículo da frota municipal cun estrito protocolo, asegurándose que reciben o combustible que lle corresponde independentemente da persoa que acuda a repostar. 

 Por outro lado, o vehículo sobre o que se abriu o expediente sancionador trátase dun vehículo alugado de forma temporal polo Goberno municipal para realizar tarefas puntuais. Polo tanto, o Concello está a facer as investigacións oportunas para aclarar os motivos polos que este vehículo foi recepcionado polo Concello con gasóleo agrícola para presentar todas as alegacións pertinentes. 

 O Goberno local lamenta que o Partido Popular utilice a mentira e a difamación para falar en malos termos do seu propio concello".

Ningún comentario:

Publicar un comentario