As pegadas de Antúnez Pousa, no Camiño Portugués
Manuel Estévez
O Baixo Miño é o punto de partida para descubrir a pegada de Antúnez Pousa, sendo probablemente o Monumento aos mariñeiros, no porto guardés, a obra máis coñecida e unha das iconas da vila do Trega.
Pepe, con berce na parroquia de Estás, en terras de Tomiño, moi preto do santuario de San Campio de Lonxe, onde deixou escrito en pedra, a cincel, millares de letras, alén da Fonte dos Peregrinos e Santa Arquelaida, igoal que compartillou con Koki, moi preto de Figueiró, unha intervención nun espazo con musicalidade natural, estimulante para a inspiración, e manancial que da de beber aos tomiñeses, preto do "trancalantran" dos Muiños da Regueira.
"Auga que bendices e creces no monte de Estás/ que limpias sacias e humedeces/ coa tua palabra feita cantar".
Paisaxe privilexiada, coa fonte e as pedras cinceladas, se transformaron para disfrute de todos, sumando así intervencións creativas no medio rural de artistas da bisbarra, que non son poucos.
O escultor que fora alumno de Luis Torras, centenario, na Escola de Artes, en Vigo, acariñou sempre, mármore e pedra, para logo darlle forma e deixar patente a historia que nos arrodea, infelizmente moitos oficios desaparecidos como "O Pescador do Meixón", na praza do Seixo, ladeando a praza de abastos, no Tomiño natal, ou mesmo "O Cabaqueiro" na honra dos telleiros ou cabaqueiros, de sol a sol, en terras de Castela, monumento que se ergue, na praza de O Calvario, en O Rosal.
Polo seu obradoiro de Mosteiro, a poucos metros do Campo do Alivio, pasaron aprendices que hoxe son coñecidos alén mar. Algúns deles, acompañáronno para deixar pegada en lugares impensables como no Balcón do Atlántico, en terras rosaleiras de Sanxián, alí mesmo onde se ergue a cruz do Alto da Portela e un conxunto de gravados rupestres doutros días.
Félix Gómez Fidalgo, de Martin e Alexandro González Durán, seguiron o mestre Zopo para inmortalizar nun espazo natural único mirando un nas augas atlánticas, onde se xuntan os municipios de Oia e O Rosal, xunto os petróglifos do Alto da Campana, preto da Cruz da Portela, cumio onde os artistas, aproveitanto as formas pétreas, déronlle apariencia animal e humana.
Na mesma ruta abeirando a costa atlántica sitúase o Mosteiro de Santa Maria de Oia e non moi lonxe do cenobio, Mougás, cuxo nome levou de festa en festa, por toda Galicia a Banda de Música, baixo a batuta do inesquecible Alsirio Fernández a quen o escultor de Estás, tallou unha praca na súa honra, patente na freguesía por onde transcurre o Camiño Portugués, mesmo itinerario, bordeando as augas atlánticas en días de 1984, se puxera en marcha unha experiencia artística, no que participaran escultores da talla de Xosé Sobrado Balboa, Xosé Castiñeiras Iglesias, Suso Fernández Fernández, Xurxo Vázquez Pardo, Reinaldo López Carracido, Magín Picallo, Eiravella, Manuel Ferreiro Badía e Antúnez Pousa. Este último creou "Contraviento" ou mesmo dicir unha figura femenina mirando ao océano Atlántico, esforzándose por camiñar contra o vento.
Unhas e outras para disfrute dos camiñantes que elixen o Camiño Portugués para chegar a Compostela.
Un luxo cultural para todos, que debemos coidar e conservar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario