11 de feb. de 2023

A GUARDA

A VECIÑANZA PÍDELLE AO CONCELLO "POR ENÉSIMA VEZ", QUE "INTENSIFIQUE DIARIAMENTE A VIXILANCIA"

• "Para espantar aos "trapicheiros"


Contorna da praza próxima ao lugar onde aconteceron os feitos que motivaron a comunicación dos veciños ao Concello de A Guarda

Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Unha representación da veciñanza (titulares de establecementos, clientes, usuarios dun centro social e veciños/as, en xeral), dunha coñecida praza pública da localidade de A Guarda, vén de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, un escrito - avalado por un centenar de sinaturas - no que refiren que nunha data concreta, ás 10:00 h., a plena luz do día, un veciño (varón) septuaxenario foi asaltado e agredido co obxecto de roubarlle nas escaleiras - habitualmente sucias e fedorentas, agás nalgunha ocasión aillada - que comunican a aludida praza coa rúa próxima - cuxas denominacións omitimos voluntariamente, na procura de non xerar prexuizos aos establecementos da zona -, situada nun lugar superior, desde onde, ou deica onde, transitan persoas de todas as idades, ao longo de calquer día da semana.


Esa é a imaxe que ofrecen as escaleiras aludidas nesta crónica

 

 Respecto ao asalto e agresión a un veciño; no seu escrito, as persoas que subscriben o documento presentado no concello guardés, refiren que nuns anos, esta é a segunda vez que acontece no mesmo sitio. E indican, que - grazas a unhas circunstancias determinadas - puido repeler o ataque ainda que tivo que ser atendido en urxencias, séndolle aplicadas 8 grapas na cabeza. 

 Con todo, afirman: "Esta vez houbo sorte. Puido ser unha desgraza".

A VECIÑANZA DEMANDA MÁIS VIXIANZA E AUMENTAR A INTENSIDADE DA LUZ NA ZONA

 "A xente ten medo usar estas escaleiras, é paso frecuente de nais e fillos cara ao colexio. Sabemos que o Concello non vai acabar con esta secuela de “trapicheros” pero lle pedímos por enésima vez que INTENSIFIQUE DIARIAMENTE a vixilancia, (Policía Local ou Garda Civil), deste paso para así “espantar” aos “trapicheiros”, así como aumentar a intensidade de luz da praza e [lugares] contiguos para evitar que amparados na obscuridade cometan fechorías", afirman as persoas asinantes na instancia presentada no Concello de A Guarda, e da que polo de agora - segundo referiu un profesional establecido na zona, a un redactor de Infogauda -,  ainda non recibiron ningunha resposta.

 En relación cos feitos indicados polos veciños, este xornal dixital transfronteirizo xa fixera oportunamente e con anterioridade, a correspondente consulta a un membro da Policía Local de A Guarda, e podemos informar que segundo a referida fonte, o presunto autor da agresión e tentativa de atraco (ou tirón), é un individuo natural dun municipio da comarca de Ortegal, na provincia de A Coruña, que estivo residindo nunha localidade do Baixo Miño, distante a tan soio unha decena de quilómetros de A Guarda, e que no seu momento foi detido por efectivos da Policía Local de A Guarda, identificado e posto a disposición xudicial. 

 En calquer caso, coidamos que a veciñanza, tanto da zona aludida, como a de toda á localidade, ben merece que as autoridades municipais e os representantes das institucións correspondentes, traballen na dirección axeitada para que feitos como o referido non volvan a producirse, e de acontecer, que os autores dos posibles delitos coñezan, de verdade, o peso da lei. 

 Cando alguén pon en risco a integridade física das persoas e altera a paz social, non caben paliativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario