9 de feb. de 2023

A GUARDA

A DECRARACIÓN DE FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA DE DON JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI, CADA VEZ MÁIS PRÓXIMA

•  A Comisión de Honras e Distincións vaise reunir o vindeiro luns día 13 de febreiro, ás 9:00 horas, na Casa do Concello 


Dr. Lemos Zunzunegui
Foto: Cedida


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A que podemos cualificar como a segunda parte - xa que a primeira tivo lugar o sábado día 23 de xullo de 2022 - da merecida homenaxe ao doutor Joaquín Lemos Zunzunegui, que todos coñecíamos polo apelativo afectuoso Tito Lemos;  está cada día máis preto de levarse a bo termo. Así o acredita o feito de que o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, atendendo a oportuna solicitude da Asociación pro homenaxe o Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui, veña de convocar aos membros da Comisión de Honras e Distincións, para celebrar unha nova sesión ordinaria o vindeiro día 13 de febreiro de 2023, ás 9:00 horas, na Casa do Concello.

 O asunto a tratar na devandita sesión é o seguinte:

Punto único.- Cuestións organizativas e elaboración de proposta declaración como fillo adoptivo do Concello da Guarda de don Joaquin Lemos Zunzunegui.

Monumento ao Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui

 Por outra banda, queremos relembrar que en coordinación coa familia do relembrado médico Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui, a Asociación Tito Lemos, mantén activo o IBAN  (Código Internacional de Conta Bancaria), onde todas as persoas que o desexen, poden facer súas aportacións económicas para sufragar á realización do monumento, da autoría do escultor Magín Xulio Picallo Durán, que será eirixido  - en data que será dada a coñecer oportunamente -, na vila de A Guarda, moi preto do lugar onde o Dr. Lemos atendía a seus pacientes.

 A conta bancaria - aberta en ABANCA, sucursal de A Guarda - é a seguinte:

 ES60 2080 5038 4030 4003 2524

 Asemade, tamén se poderán efectuar as achegas económicas mediante Bizum, marcando Donación e identificación - indicando o seguinte ID: 06004




 Todas as persoas que realicen seus donativos poden comunicalo a Asociación Tito Lemos enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo:

 titolemosasociacion@gmail.com

 O monumento ao Dr. Lemos, constará dunha base de pedra do país, no que se apoiará un busto de bronce, representando a efixie do prezado médico.

1 comentario:

  1. Bien po lo Concello si toma a decisión de nombralo fillo adoptivo , pero os gastos do monumento deberían correr a cargo da sua viuda e familiares que teñen suficiente pra correr cos gastos .
    Dep Tito Lemos .

    ResponderEliminar