24 de out. de 2022

A GUARDA

O CONCELLO DE A GUARDA AVANZA NA TRAMITACIÓN DA DECLARACIÓN COMO FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA DE DON JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI

O alcalde convocou aos membros da Comisión de Honras e Distincións para este xoves día 27 de outubro ás 9:00 horas, na Casa do Concello


Doutor Joaquín Lemos Zunzunegui (Tito Lemos)
Foto:Cedida

Infogauda / A Guarda

 En data 26 de maio de 2022, en nome da Asociación InfoMAXE, entidade que estivo traballando para elevar a proposta á Corporación Municipal da nosa localidade, a fin de que se dese inicio ao expediente necesario para declarar como Fillo Adoptivo de A Guarda, ao doutor Joaquín Lemos Zunzunegui "quen ao longo do tempo que viviu na nosa localidade deu suficientes probas da súa amizade e integración na sociedade local e que demostrou súa valía humana e profesional, a súa franqueza no trato, seu compromiso con A Guarda, da que estaba enamorado e orgulloso de vivir nela, e por ser un home bó e xeneroso. Por todo o anterior, asinamos este escrito, propoñendo que se lle otorgue este título ao Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui (Tito Lemos), por considerar que reúne todas as condicións que se sinalan no Regulamento de Honras e Distincións do noso Concello";  Celso Rodríguez Fariñas presentou no concello guardés 33 follas con máis de 630 sinaturas de veciñas e veciños de A Guarda, en apoio á proposta de que o Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui sexa declarado Fillo Adoptivo de A Guarda.

 Asemade, en data 17 de xullo de 2022, Laura Heiman González, secretaria da Asociación Pro-Homenaxe a Tito Lemos, presentou no rexistro municipal do concello de A Guarda, unha instancia cuxa parte expositiva é moi semellante a que vimos de transcribir, e que na súa parte dispositiva solicita:

- Que se dé inicio ás dilixencias oportunas, seguindo o disposto no Regulamento de Honras e Distincións, se proceda a nomear o Dr.  Joaquín Lemos Zunzunegui  (Tito Lemos) como Fillo Adptivo do Concello de A Guarda. 

- Se de inicio ás dilixencias oportunas para que se lle conceda a título póstumo una rúa ou praza da vila co seu nome, Doutor Joaquín Lemos Zunzunegui. 

PROVIDENCIA DE ALCALDÍA 

 En data 24 de outubro de 2022, o alcalde Antonio Lomba Baz, asinou a seguinte Providencia da Alcaldía:

 Vista a relación de sinaturas presentadas por don Celso Juan Rodríguez Fariñas en data 26/05/2022, e a solicitude presentada en data 18/07/2022 por dona Laura Heimann, en nome da Asociación Pro Homenaxe Tito Lemos, para levar a cabo á incoación do procedemento establecido no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda para o nomeamento de Joaquín Lemos Zunzunegui como fillo adoptivo desta localidade e tendo intención de dar inicio á tramitación do seu nomeamento como fillo adoptivo do Concello da Guarda 

DISPOÑO 

Que por Secretaría se emita informe sobre a lexislación aplicable e o procedemento a seguir.

INFORME DA SECRETARIA DO CONCELLO DE A GUARDA

 Con data 24 de outubro de 2022, Julia María Carrasco González-Alegre, Secretaria do Concello da Guarda (Pontevedra), no exercicio das funcións como tal, emitiu o correspondente informe indicando os antecedentes, lexislación aplicable e consideracións xurídicas para á práctica das dilixencias correspondentes indicando finalmente que "(...) o instrutor formulará proposta motivada, que levará á Comisión de Honores e Distincións, para que esta, co seu ditame, a remita ó Concello en Pleno. 

 O Pleno do Concello, resolverá se procede ou non a concesión do título ou honra, atendendo aos méritos, calidades e circunstancias singulares da persoa proposta, por maioría absoluta e mediante votación secreta. 

 O Concello comunicará o nomeamento aos herdeiros do interesado, e citaráselles para que comparezan na entrega solemne que se realizará no Municipio recollendo a insignia e o diploma que corresponda ao título de Fillo Adoptivo".

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE A GUARDA

 No día de hoxe, luns 24 de outubro de 2002, o alcalde de A Guarda, emitiu a seguinte Resolución da Alcaldía:

 Vista a relación de sinaturas presentadas por don Celso Juan Rodríguez Fariñas en data 26/05/2022, e a solicitude presentada en data 18/07/2022 por dona Laura Heimann, en nome da Asociación Pro Homenaxe Tito Lemos, para levar a cabo á incoación do procedemento establecido no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda para o nomeamento de Joaquin Lemos Zunzunegui como fillo adoptivo desta localidade. 

 Visto o establecido nos artigos 16 e 17 do Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda resolvo

1.- Incoar o procedemento establecido no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda para o nomeamento de D. Joaquin Lemos Zunzunegui como Fillo Adoptivo do concello da Guarda

2.- Nomear instrutora deste procedemento á Concelleira Dna. Montserrat Magallanes Álvarez e secretaria do mesmo a do Concello, dona Julia María Carrasco González-Alegre. 

3.- Ordear á instrutora deste procedemento que elabore unha proposta para elevar á Comisión de Honores e Distincións. Dita proposta debe estar fundamentada nun expediente que debe incluir necesariamente os seguintes datos: 

• Exposición de motivos 

• Notas biográficas da persoa proposta 

• Crrículo e accións meritorias e reseñables 

• No seu caso, aportación e/ou adhesións doutras entidades e asociacións á proposta 

4.- Notificar esta resolución á instrutora e á secretaria.

CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE HONRAS E DISTINCIÓNS

 En base a información precedente, podemos decir que A Guarda avanza no procedemento de tramitación da declaración do Dr. Joquín Lemos Zunzunegui, como Fillo Adoptivo de A Guarda. Proba diso e que no día de hoxe, o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, fixo pública á convocatoria da Comisión de Honras e Distincións, para unha sesión ordinaria que se celebrará na Casa do Concello, o vindeiro xoves día 27 de outubro de 2022 ás 09:00 horas. 

 O asunto da convocatoria é o seguinte: 

Punto único.- Inicio tramitación declaración como fillo adoptivo do Concello da Guarda de don Joaquin Lemos Zunzunegui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario