O Concello de A Guarda renovará o alumeado exterior do campo de fútbol da Sangriña
• A Deputación de Pontevedra, a través de fondos IDAE, investirá 45.000 euros na substitución das luminarias por outras con tecnoloxía LED
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, o Executivo do Concello de A Guarda fixo público que "a Deputación de Pontevedra procederá á retirada das 22 luminarias que existen actualmente no campo de fútbol da Sangriña e instalará luminarias de tecnoloxía LED, o que permitirá un aforro enerxético e económico significativo reducindo a pegada de carbono, nun proxecto que contempla tamén a mellora dos cadros de mando.
O proxecto que se prevé desenvolver no campo de fútbol da Sangriña nas próximas semanas, reducirá a potencia instalada e o consumo asociado, mellorando a calidade da iluminación e a eficiencia das instalacións. Para garantir a uniformidade e eliminar zonas mal iluminadas se fixo unha fotometría no campo de fútbol e os resultados lumínicos aportados polo mesmo establecen que o proxecto mellorará todos os parámetros analizados. Se mellora na iluminación media que actualmente é de 66,19Em e se pasará a 100Em, na iluminación mínima que é 19,80 se pasará a 51, na iluminación máxima, no que o resultado actual é de 134,8 se pasará a 164 e en relación coa uniformidade de 0,30U0, se pasará a 0,51U0.
Finalmente este cambio das luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED permitirá a cualificación enerxética tipo A para o campo de fútbol da Sangriña."
Este proxecto de substitución das luminarias do campo de fútbol da Sangriña é unha das medidas chave establecidas no Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), aprobado polo Concello de A Guarda en novembro de 2020 e no que o concello se compromete a cumprir con determinados obxectivos en materia de clima e enerxía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario