O BNG DA GUARDA ANIMA Á PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
Anxo Lois Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “Levamos anos de recortes e privatizacións do PP na sanidade pública, que nos levan ate a grave situación que vivimos hoxe”
Infogauda / A Guarda
O BNG da Guarda fai un chamamento á vecinanza da localidade a participar na mobilización do vindeiro 12 de febreiro en defensa da sanidade pública, convocada por SOS Sanidade Publica e as Plataformas, que terá lugar en Compostela.
“Levamos anos de recortes e privatizacións do PP na sanidade pública, que nos levan ate a grave situación que vivimos hoxe”, explica Anxo Lois Baz Vicente. “PAC´s sen médicos, 15 días de espera para acudir o médico de cabeceira, nenas e nenos sen pediatra e as urxencias colapsadas. Hai moitas razóns para participar nesta mobilización”, afirma o portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda.
Para acabar concluindo, “coa saúde das galegas e galegos non se xoga, por iso o BNG da Guarda, vai estar e anima a toda a veciñanza a participar e defender a sanidade pública galega. Porque está en xogo a saúde de hoxe e de mañá.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario