1 de feb. de 2023

A GUARDA

Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 

O desfile celebrarase na tarde do martes 21 de febreiro, mantendo o formato para comparsas, carrozas e grupos 

  

Imaxe dunha das comparsas participantes nunha edición precedente do Desfile do Martes de Entroido, na vila de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público que foron publicadas as bases que rexerán o Desfile do Martes de Entroido 2023, que como cada ano partirá da rúa Porto Rico ás 17:30h. continuando o seu percorrido pola rúa Galicia ata a Alameda.   

 Os interesados en participar no desfile poderán inscribirse a partir do vindeiro martes día 7 de febreiro e ata o luns 13 de febreiro nas categorías de carroza, comparsa ou grupo. A inscrición realizarase no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.    

 Os participantes poderán optar a compensación económica  segundo a orde de inscrición nas diferentes categorías:

CATEGORÍAS

 

Descrición

AXUDA DIRECTA Á PARTICIPACIÓN

CARROZA

Grupo mínimo 6 persoas enriba dun ou varios móbiles representando unha temática común.

290€*

COMPARSA

Grupo mínimo de 10 persoas que representen con acompañamento musical

230*

GRUPO

Composto por un mínimo de 4 e un máximo de 9 persoas

100*

* Terán dereito ó cobro desta axuda económica as 10 primeiras carrozas ou comparsas que se inscriban, así como os 6 primeiros grupos. Ou en calquera caso ata esgotamento do crédito


BASES COMPLETAS.

FORMULARIOS DE INSCRICIÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario