1 de feb. de 2023

DEPORTES

FÚTBOL

Primeira Rexional - Grupo 5

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO C.P. ALERTANAVIA

 O domingo día 5 de febreiro, ás 4:30 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo de tres xornadas consecutivas (18ª, 19ª e 20ª) puntuando, anotándose uns puntos que saben a ouro, especialmente os logrados grazas ás victorias sobre o Atlético Matamá, naquela altura líder da clasificación e a continuación sobre A Lama, S.D., a domicilio, por 1-3, e o empate a un gol, o pasado domingo no feudo do Caselas, C.F.; o Sporting Guardés prepárase para recibir ao C.P. Alertanavia. Será o domingo día 5 de febreiro, ás 4:30 da tarde no Estadio  Municipal A Sangriña.

 O equipo visitante, con 36 puntos no seu haber, contabiliza 10 victorias, 6 empates e 4 derrotas. Asemade, logrou 42 goles e encaixou 27. Con eses datos, agora mesmo atópase na 2ª posición da táboa clasificatoria, con serias opcións ao ascenso de categoría.

 Pola súa banda, o conxunto local, posúe 18 puntos. Anoutouse 5 victorias, 3 empates e 12 derrotas. No que respecta a goles, logrou 24 dianas e recibiu 36. A día de hoxe está situado no posto 17º da clasificación. É decir, en risco de descenso.

 En calquer caso, a actitude do equipo que dirixe Toñete, nas xornadas antes indicadas, amosa un notable compromiso dos xogadores do Sporting Guardés por defender as cores do equipo miñoto, e a vista están os logros acadados nas semanas precedentes, feito que ben merece que se lles recoñeza.

 Con eses vimbios, temos a certeza que o Sporting Guardés vai sair ao céspede artificial da Sangriña, disposto a dalo todo para tentar reter algún dos puntos en xogo. Ese debe ser o obxectivo que cada un dos xogadores ten que interiorizar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario