31 de xan. de 2023

VILADESUSO (OIA)

O Albergue da Estrela convoca un dobre evento 

 Para este sábado 4 de febreiro 

  



Infogauda / Oia

 Cita coa cultura esta fin de semana en Viladesuso, cun dobre evento convocado polo Albergue da Estrela (Estrada Vella nº 2, Viladesuso 36974 Oia, Pontevedra). Cristina Salgado, veciña do concello de Oia, presentará o seu novo libro, que xa está á venda baixo o suxestivo título Manual para amaestrar dragones. O acto terá lugar o sábado 4 de febreiro ás 20.30 horas e, posteriormente, haberá un evento de literatura erótica a cargo de Queco Fresco e Anya Rit.  

 Manual para amaestrar dragones é unha historia de vida, a biografía dunha persoa común posta en relación coa dinámica de forzas do contexto social e económico no que lle tocou vivir, á xeración da que forma parte. Tamén inclúe unha serie de propostas que poden ser levadas á práctica por quen así o desexe, co obxectivo de sumar entre todo o mundo e, dese xeito, acadar cambios do paradigma que promovan e coiden o futuro da vida que nos une.  

 Trátase dunha autoedición sen ánimo de lucro e os beneficios que xere polas vendas serán redistribuídos para financiar diversos proxectos sociais cos que a autora colabora.  

 Cristina Salgado Varela é graduada en Traballo Social, experta en Modelo Sistémico e Servizos Xerontolóxicos pola Universidade Complutense. Tamén conta con formación como mediadora intercultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario