Visita da sercretaria de Estado de Comercio e da subdelegada do Goberno, ao mercado municipal de Tui
• O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo destina 1,3 millóns de euros de fondos europeos no marco das “Axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización” do Plan de Recuperación do Goberno.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acompañou esta mañá en Tui á secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez. No acto tamén estivo presente o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Comercio, Ana María Núñez
Foto: S. de G.
Infogauda / Tui
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acompañou esta mañá en Tui á secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, na presentación do proxecto de reforma e modernización do mercado municipal da localidade ao que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo destina 1,3 millóns de euros de fondos europeos no marco das “Axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización” do Plan de Recuperación do Goberno. No acto tamén estivo presente o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Comercio, Ana María Núñez.
A parte principal do proxecto, como explicou a secretaria de Estado, consiste na reforma integral da praza de abastos coa transformación dos puntos de venda e a mellora da accesibilidade, pero tamén contén accións dirixidas á dixitalización do comercio local e accións de sustentabilidade, economía circular e potenciación do produto local. Así mesmo, contémplanse medidas relacionadas coa cadea de subministración e actividades de formación e sensibilización.
As novas tecnoloxías estarán moi presentes nesta actuación, xa que se prevé o desenvolvemento dun portal web e unha App para visibilizar e comprar no comercio local, o deseño e lanzamento de campañas publicitarias en soportes dixitais, unha plataforma colaborativa e un sistema de códigos QR para produtores locais, ademais da implantación de redes WIFI nos espazos e rúas comerciais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario