10 de xan. de 2023

TUI

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Tui na programación do IV centenario do pasamento do filósofo Francisco Sánchez


O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo - no centro da imaxe -, reuniuse hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro

Foto: X.G.

Infogauda / Tui

 O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para abordar a programación do IV centenario do pasamento do médico e filósofo Francisco Sánchez, que contará co apoio da Xunta de Galicia. 

 Francisco Sánchez, nacido en Tui, foi un dos máis grandes filósofos e pensadores que ten dado Galicia ao longo dos séculos e un dos principais referentes da filosofía europea do humanismo renacentista, especialmente pola súa obra Quod nihil scitur. Ademais de médico e filósofo, Francisco Sánchez tamén foi matemático e poeta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario